jueves 12 de noviembre de 2009

deja-vu

a historia repitese de novo, pero para mal. coma o ano pasado por estas fechas xa empezaba a carburar e, pam, toma lesion, e pra colmo igual co ano pasado, rotura no xemelgo ezquerdo, que mala sorte dende que voltei a entrenar o ano pasado non dou collido dous meses seguidos de entreno. adeus a san martiño, o guillelme brown...... ata que me recupere nada, igual xa non compito ata fin de ano en castrelo, e xa veremos. bueno xa irei comentando cando volto a entrenar. sorte a todos o domingo.

martes 3 de noviembre de 2009

popular de santiago

este ano si, despois de levar dende o 2003 se acudir a santiago, iste ano tocoulle. era unha das carreiras que mais gañas lle tiña dende amiña volta a competir o ano pasado, no cal non puiden asistir por lesion. non sei que ten pero e unha carreira que me encanta, ese final polo casco vello de santiago ten algo maxico, ainda que non a recordaba tan dura coa costa final de vite tan dura, por iso todos falan dela, pero e que te destroza. a maña comenzou movida, coa que estaba caendo en ourense habia que ir con conta co coche o que me levou a chegar tarde a saida, e por encima saimos a quentar jacobo e mais eu, e metimonos xa no mogollon da saida pollo que nos tivemos que quedar ali, senon perdiamos a posicion bastante boa que tiñamos, e entre 5000 persoas e mellor sair adiante que atras. os primeiros kmts fixeronseme durisimos, ia tirando jacobo e os parciales non os sei posto que ia encendido, costabame moitisimo seguilo. polo kmt 4 collimos a atanes(benvido de novo o club) que nos dixo prefiro ir despacio que hai moita humidade, pois se chega a sair forte miña nai. despois fomos collrndo a caras coñecidas tamen de ourense, adriel do burgas e rafa do pabellon o cal me motivou e no kmt 7 puxenme a tirar para coller a un grupiño que levabamos diante e jacobo descolgouse un chisco. todo ia ben ata chegar a cruz , VITE de ahi o final un continuo sufrimento que non se daba acabado, que longo se fai esa praza do obradoiro non da chegado. o final posto 166 e 45"43. mellor do que esperaba.

lunes 26 de octubre de 2009

calendario

ahi va un adelanto del calendario de la federacion gallega de atletismo.
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/calendario%20provisional%202009_10.pdf

maraton do miño

despois de moito tempo volto a escribir no blog. esta vez para falar
dunha carreira que persoalmente me encanta , por ser diferente
as outras, o ser de
relevos faiche dar o mellor de ti mesmo para non defraudar
a os compañeiros. a maña apareceu
fresca e as oito levantarse para ir animar o meu compañeiro jaco que fixo o primeiro relevo, fantastico
noveno posto e 52 minutos.
logo tocoulle o tempo a marcial que co mal que andaba dun catarro
que colleu a seman anterior a prba fixoo moi ben cun tempo
de 58 minutos. e eu fun o ultimo relevista, sain controlando porque sei que se fai moi larga. o problema dos ultimos relevos e que vas sempre so e non encontras nunca ritmo porque pasas xente pasante a ti, e un caos, e por encima non sabes se adiantas a corredores que van para a maraton ou para os relevos.fun bastante a ritmo ata a pasarela de outariz donde o toparme coa pista bermella ainda tiven arrestos para cambiar, o que paguei o final e o ultimo tramo dende as charcas fixoseme eterno, pero o final ben
posto 16º 2 horas 49 minutos e 58 minutos no meu relevo.
mencionar a carreira que fixeron os meus compañeiros de entreno(que son xuvenis) acadando o posto 24º con 2 horas 52 minutos.
felicitar tamen os gañadores masculinos alejandro paz e marquez e as gañadoras femeninas iria leticia e consi.








domingo 9 de agosto de 2009

popular de cartelle

para empezar decir que non sei a que ven facer cada vez as carreiras mais duras, deven pensar que somos cabalos ou cabras montesas ou nen sei que carallo. xa nos chega ven a nos que estamos acostumados a entrenar e correr carreiras dificiles canto mais a xente que vai a correr de vez en cando e chega ali e atopase con esa salvaxada. entrando en materia a primeira parte era coma nas anteriores edicions, de cartelle a outomuro, seis kmtrs de continuo sube e baixa que non te deixan coller ritmo en ningun momento coma nas ultimas carreiras poñome o lado de javir e saimos xuntos. ata o kmt cinco van todos desvocados, costame moitisimo seguir o ritmo del pero a partir do catro xa miro que na cabeza na que ian marquez, veloso do caio, un portugues que o final seria o vencedor da proba e un atleta local, quedanse sos marquez e o portugues, e veloso perde posicions rapidamente. nun grupo de catro que ia diante nosa outro portugues tamen perde contacto e collemolo no kmt cinco o paso por outomuro empezo a encontrarme mais comodo e vendo cada vez mais cerca e veloso , pero o nos perseguidor ia cada vez mais cerca polo que decido comezar a tirar, pero miña nai, ai a trampa da carreira, tres kmts de pistas de terra, que mais ca terra eran coios soltos que se che cravavan nos pes e ias patinando todo o tempo, e o peor e que era todo costa arriba. collo a toño veloso e deixoo, pero dios mio isto non acaba nunca, cando parecia acabar a volta dunha curba seguia subindo e subindo. eu xa ia morto pero miraba para atras e non me collian e os da diante non se me ian mais polo que apretei os dentes e ta a meta. o final saian 10 kmts durisimos e de verdade esta ultima parte sobraba.
p.d. non quero meter a pata pero polo que falaba o organizador, e a primeira proba donde as categorias de homes e mulleres son conxuntas, como lle vai gañar unha muller a un home, asi levan os trofeos todos os homes, senior, veterans a , b , c ..... tristisimo un suspenso , continuade asi que pro ano non vai a ir ninguen.

popular de baños de molgas, 1 seman mais tarde

carreira chula donde as axa, pero moi dura. constaba de tres voltas a un circuito rompepernas, todo subir e baixar, e o saber que son voltas xa vas pensando que na terceira van a doer moito as pernas. o ambiente de publico era impresionante, non sei como nun pobo aparentemente pequeno habia moitisima xente animando, en cada cruce estaba a rebentar. a victoria coma sempre foi para pepe marquez, seguido de victor conde e dos irmans ramos, pola miña parte coma de costume, no kmt 2 xuntamonos jose javier do burgas e mais eu, e pouco a pouco fomos tirando ata coller a dous atletas que pagaron a dureza da carreira e o ritmo dos primeiros kmt, posto que ainda que era dura o ser de sete kmts a xente sae a tope e despois pinchan moitos. o final boas sensacions posto que o ultimo kmt que era en baixada acabeino en 3"09. posto 11º e tempo 24"56. unha carreira mais que se consolida na provincia, pero con cousas que mellorar, faltaban trofeos e xente non saia na clasificacion, pero bueno grazas a alex por seguir facendoa e sorte para o ano que ven

viernes 24 de julio de 2009

carreira popular de aponte

hoxe celebrouse a carreira de a ponte con escasa participacion, pero bo ambiente. na saida os de sempre marquez conde ramos rosales folgoso jeffxavi.....decir que poñia que eran seis kmts pero polo tempo que non chegaba, serian cinco e pouco. o recorrido era chan pola parte de arriba e pola segunda parte era sube e baixa, un pouco rompepernas, pero o ser tan corto logo acababa o sifrimento, sufrimento que se incrementou por levar xa duas semaniñas de descanso, posto que xa non hai un obxectivo a vista, hai que desconectar un pouco dos entrenos que viña facendo ultimamente. agora correr populares, molgas, cartelle, maceda e en septembro voltar a empezar a tempada que ven. o final posto 8º e 19"45. decir que gañou o meu compañeiro de clube marquez que se diu un paseo e segundo victor conde.